mi friki mundo

miércoles, mayo 17, 2006

Día das letras galegas

Hoxe é o día das letras galegas, e non só é bo porque é festivo e non temos clase, senón porque é un día para potencia-la nosa cultura e lingua. Este ano o día está dedicado a Manuel Lugrís, un escritor nado en Sada, que foi un dos fundadores da Real Academia da lingua Galega e un dos seus presidentes.

Non acostumo a falar en galego, máis ven son castelán-parlante, xa sexa por vivir nunha gran cidade sen costume do uso do galego ou por ter uns pais que tampouco o falan. Sen embargo, valoro moito a nosa lingua, xa que é un dos rasgos que caracterizan os galegos e que non deberiamos perder. Ademáis encontro que o galego é unha lingua cunha musicalidade particular.
Fai pouco fíxose unha votación para decidir cal era a palabra, ou verba como dirían algúns, máis bonitas que ten o castelán, e gañou "amor". Penso que o galego ten palabras moito máis bonitas que esa e moito máis enxebres: bolboreta, cogumelo, xanela, agarimo...

¿Cal é a túa verba preferida?

5 Comments:

At 4:31 p. m., Anonymous Anónimo said...

eu penso que tarascada nos está nada mal, ainda que arrepiante, empurrón, asexar... non se quedán atrás e sen esquecernos de vogal, jajajaja!!!

 
At 11:32 p. m., Anonymous Anónimo said...

grazas amigos!

 
At 10:46 p. m., Anonymous Anónimo said...

outra que pega forte:

nocello... *prologa-la o*

¿e que dicides do tamdem máxico?

escordadura de nocello

100% enxebre

 
At 5:09 a. m., Anonymous Anónimo said...

Looks nice! Awesome content. Good job guys.
»

 
At 8:56 p. m., Anonymous Anónimo said...

Super color scheme, I like it! Good job. Go on.
»

 

Publicar un comentario

<< Home